luns, 19 de xuño de 2023

Representación do conto "Garabanciño"

O xoves 15 de xuño e o martes 20 de xuño,  o alumnado do club de 5ºA, coa colaboración do resto da aula participaron  na representación do conto popular "Garavanciño". A partir do conto que temos na biblioteca idearon a teatralización do conto 


Garavanciño / adaptación de Olalla González a partir do conto popular ; ilustracións de Taeger


Garavanciño no campo de coles

O boi

Os narradores

A nai de Garavanciño


 

Aula de 2ºA

Aula de 1ºA


Panel da memoria

 Aquí quedan recollidos algúns dos  libros lidos  polo  club de lectura 





sábado, 10 de xuño de 2023

Entrega de diplomas ao alumnado do club

Despedida aos navegantes: Despois de 7 meses xuntos, demos por finalizada a actividade do club de lectura para este curso escolar.

 O mércores 7 de xuño invitamos ao alumnado do club de lectura a unha merenda na biblioteca e posteriormente fixemos a entrega de diplomas ao alumnado do club.

Club de lectura de 6ºA e 6ºB




Club de lectura de 5º


domingo, 30 de abril de 2023

Premio clubs lectura 2022

 Premio dos Clubs de Lectura 2023 para Manuel Núñez Singala

Co gallo da celebración do Día do Libro 2023, publícase a Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de 21 de abril de 2023, pola que se recoñece ao escritor Manuel Núñez Singala co Premio dos Clubs de Lectura 2023, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida
Á vista dos resultados de lectura dos clubs no curso 2021/2022, o autor merecedor deste premio na presente edición é Manuel Núñez Singala. 

xoves, 20 de abril de 2023

Encontro co club de lectura do IES Agra de Raíces

 O xoves 20 de abril o alumnado do club de lectura de 6º tivo un encontro co club de lectura do IES Agra de Raíces "Libros coma area".

Coñecimos a Biblioteca, e  ao  alumnado participante no club do IES. Intercambiamos opinións sobre as lecturas . 





Gustounos a iniciativa "Unha mensaxe enterrada nos libros", no que escriben
unha dedicatoria asinada nun libro que eles recomendan.                                

E para finalizar, invitáronnos a unha merenda na cafetería .

Pasamos un momento agradable. Moitas gracias a Pablo, o coordinador da biblioteca e ao resto de profesorado e  alumnado participante.