xoves, 20 de abril de 2023

Encontro co club de lectura do IES Agra de Raíces

 O xoves 20 de abril o alumnado do club de lectura de 6º tivo un encontro co club de lectura do IES Agra de Raíces "Libros coma area".

Coñecimos a Biblioteca, e  ao  alumnado participante no club do IES. Intercambiamos opinións sobre as lecturas . 





Gustounos a iniciativa "Unha mensaxe enterrada nos libros", no que escriben
unha dedicatoria asinada nun libro que eles recomendan.                                

E para finalizar, invitáronnos a unha merenda na cafetería .

Pasamos un momento agradable. Moitas gracias a Pablo, o coordinador da biblioteca e ao resto de profesorado e  alumnado participante.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Festa de Navegantes en mares de papel

 Hoxe tocou despedir aos nosos navegantes do club de lectura por todo o alto cunha  festa /merenda .   E como ler tamén ten premio este bolí...