domingo, 30 de abril de 2023

Premio clubs lectura 2022

 Premio dos Clubs de Lectura 2023 para Manuel Núñez Singala

Co gallo da celebración do Día do Libro 2023, publícase a Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de 21 de abril de 2023, pola que se recoñece ao escritor Manuel Núñez Singala co Premio dos Clubs de Lectura 2023, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida
Á vista dos resultados de lectura dos clubs no curso 2021/2022, o autor merecedor deste premio na presente edición é Manuel Núñez Singala. 

xoves, 20 de abril de 2023

Encontro co club de lectura do IES Agra de Raíces

 O xoves 20 de abril o alumnado do club de lectura de 6º tivo un encontro co club de lectura do IES Agra de Raíces "Libros coma area".

Coñecimos a Biblioteca, e  ao  alumnado participante no club do IES. Intercambiamos opinións sobre as lecturas . 





Gustounos a iniciativa "Unha mensaxe enterrada nos libros", no que escriben
unha dedicatoria asinada nun libro que eles recomendan.                                

E para finalizar, invitáronnos a unha merenda na cafetería .

Pasamos un momento agradable. Moitas gracias a Pablo, o coordinador da biblioteca e ao resto de profesorado e  alumnado participante.


Encontro co club de lectura "Nautilus" do IES Fernando Blanco

   O xoves 2 de maio  o alumnado do club de lectura de  5º primaria tivo   un encontro co club de lectura "Nautilus" do IES Ferna...