luns, 19 de xuño de 2023

sábado, 10 de xuño de 2023

Entrega de diplomas ao alumnado do club

Despedida aos navegantes: Despois de 7 meses xuntos, demos por finalizada a actividade do club de lectura para este curso escolar.

 O mércores 7 de xuño invitamos ao alumnado do club de lectura a unha merenda na biblioteca e posteriormente fixemos a entrega de diplomas ao alumnado do club.

Club de lectura de 6ºA e 6ºB




Club de lectura de 5º


domingo, 30 de abril de 2023

Premio clubs lectura 2022

 Premio dos Clubs de Lectura 2023 para Manuel Núñez Singala

Co gallo da celebración do Día do Libro 2023, publícase a Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de 21 de abril de 2023, pola que se recoñece ao escritor Manuel Núñez Singala co Premio dos Clubs de Lectura 2023, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida
Á vista dos resultados de lectura dos clubs no curso 2021/2022, o autor merecedor deste premio na presente edición é Manuel Núñez Singala. 

xoves, 20 de abril de 2023

Encontro co club de lectura do IES Agra de Raíces

 O xoves 20 de abril o alumnado do club de lectura de 6º tivo un encontro co club de lectura do IES Agra de Raíces "Libros coma area".

Coñecimos a Biblioteca, e  ao  alumnado participante no club do IES. Intercambiamos opinións sobre as lecturas . 





Gustounos a iniciativa "Unha mensaxe enterrada nos libros", no que escriben
unha dedicatoria asinada nun libro que eles recomendan.                                

E para finalizar, invitáronnos a unha merenda na cafetería .

Pasamos un momento agradable. Moitas gracias a Pablo, o coordinador da biblioteca e ao resto de profesorado e  alumnado participante.


xoves, 23 de febreiro de 2023

Encontro con Pepe do Fieiro

O  10 de febreiro  o club de lectura de 5º  tivo  un encontro con Pepe do Fieiro, gran coñecedor do Monte Pindo. Invitouse tamén ás familias . 

Pepe falounos dos primeiros habitantes do monte Pindo . Tamén contounos que foron os gregos , que buscaban minerais no monte, os que deron o nome ao monte. No século XX  Ramón Otero Pedrayo nos fala do "Olimpo celta".

O monte Pindo ten unha altura de 627 metros, pero aínda hai outro monte máis alto, o monte da Ruña, que é onde está o castelo de Penafiel, que figuraba nas cartas de navegación.




Imaxe dunha xerra de barro que atopou no monte Pindo o pai de Pepe do Fieiro.
                         Actualmente está restaurada e cedeuse ao  museo do Pobo galego.                                                                                

Charla de Pepe do Fieiro


Alumnado do club de 5º 
                
                                                  

"Poesía a la cascada"

Al final del río Jallas, 
tenemos una cascada,
que cae en vertical
sobre el agua salada.

      De 100 metros de altura,
directamente al mar,
   no hay otra en Europa
      que se la pueda imitar....
                                                                           Pepe do Fieiro

    Moitas gracias  por toda a información e quedamos con ganas de subir  contigo ao monte Pindo !!